martes, 27 de febrero de 2018



Os días 23 e 26 de febreiro, os papás de Ainhoa (Inf.4B) e de Arantxa (2ºA), viñeron á nosa biblioteca a contarnos como se facían as arepas, xa que son venezolanos.
Contaron a historia de "La Reina de las Reinas. Historia de la arepa en Venezuela y el mundo", e despois cada neno e nena fixeron a súa.



Tamén levaron para casa a receita.






Nestes vídeos podedes ver que grandes cociñeiros e cociñeiras temos no cole.

INF 4 B:





2º A:









miércoles, 21 de febrero de 2018

DÍA DE ROSALÍA

A poeta galega universal, Rosalía de Castro, estaría de aniversario este sábado, día 24 de febreiro.                      Cúmplense 180 anos do seu nacemento en Padrón.             Dende o Servicio de Normalización do Concello de Vigo, farase  un Roteiro Literario polo Vigo de Rosalía.

PERCORRIDO DO PASEO LITERARIO POLO VIGO DE ROSALÍA:                                          Día: 24 de febreiro ( sábado) .                                                Punto de encontro/saída: Oliveira do Paseo de Afonso XII ás  11:00 horas.
Non cómpre inscrición previa.




Canción:  Rosalía Pequeniña de Uxía. Editorial Galaxia 




UNIDADE DIDÁCTICA :



MANUALIDADES:





ACTIVIDADES LIM:




Tamén  no cole preparamos algo especial para ese día.








viernes, 16 de febrero de 2018

SAN VALENTÍN

Empezamos co  XII Concurso de cartas de amor e amizade.
Dende o día 15 de febreiro hasta o 28.
Podedes deixar as cartas no buzón que está na entrada da biblioteca.
















Chegou o amor a biblioteca...










jueves, 15 de febrero de 2018

V QUEDADA LITERARIA

O xoves 15 , tivemos a primeira xuntanza para empezar a organizar a Quedada Literaria deste ano.
Será o 3 de Maio no parque de Castrelos.
Xa vos iremos contando.



Os centros que participan este ano son:

  • CEIP DA RIBEIRA (Porriño).
  • CEIP EDUARDO PONDAL.
  • CEP DOUTOR FLEMING.
  • CEIP FRIÁN-TEIS.
  • CEIP CHOUZO.
  • CEIP CHANS BEMBRIVE.
  • CEIP SEIS DO NADAL.
  • CEIP CASTELAO.
  • CEIP CARRASQUEIRA.
  • CEIP VIRXE DO ROCÍO.
  • CEIP O POMBAL.
Tamén organiza e colabora:
  • Marta Souto ( Normalización Lingüística do Concello de Vigo ).
  • Antonio Costas (IES Alexandre Bóveda).
  • Anxo (Biblioteca Xosé Neira Vilas). 



miércoles, 14 de febrero de 2018


COMPARSAS:

INFANTIL ( China:Muralla China)





1º E 2º PRIMARIA ( India: Taj Mahal)




3º e 4º ( Exipto: Pirámide de Guiza)



5º e 6º (Marabilla de Vigo: Pergamino Vindel)



Brasil: Cristo Redentor


viernes, 9 de febrero de 2018

sábado, 3 de febrero de 2018

OBRADOIRO BANDA DESEÑADA

O día 1 e 2 de febreiro, na biblioteca do cole, fixemos un obradoiro de Banda Deseñada para o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria.


O encargado de impartilo foi Jorge Campos, gañador por 3 anos consecutivos do Certame de Cómic de Cangas.

O seu cómic, ALTER.NATIVO, foi considerado  o cuarto mellor álbum de banda deseñada según a Revista de Literatura galega : "Fervenzas literarias".




jueves, 1 de febrero de 2018

ATENEO ATLÁNTICO

 Os nenos e nenas de 2º de Primaria, participaron na charla con Ledicia Costas e Antonio García Teijeiro, mandándolle a Antonio un vídeo recitando un dos seus poemas do libro Poemar o mar.
Tamén lles fixeron unhas cantas preguntas.














Recitando o poema e rolda de preguntas:











Intervencións dos lectores na conversa con Ledicia Costas e Antonio García Teijeiro.