lunes, 27 de noviembre de 2017

Día do mestre/a :








MAFALDA E A SÚA MESTRA:
















Despois de que máis de 150.000 persoas completasen o visionado da película documental A Palabra Xusta en 48 en El País TV, despois de que o público de Vigo, Compostela, Madrid e outros lugares se emocionase coa vida de Antía Cal agora xa está a disposición de todos na plataforma de Vimeo.
Podedes vela en Vimeo on demand a través deste link. 





sábado, 25 de noviembre de 2017

martes, 21 de noviembre de 2017

25 DE NOVEMBRO. DÍA DA NON VIOLENCIA



                       



O 25 de Novembro, celebramos o "Día contra a violencia de Xénero".
Elexiuse esa data para conmemorar o violento asasinato de tres irmás: Patricia, Minerva e Teresa Miraval, a mans da policía secreta do ditador Rafael Trujillo na República Dominicana.
Os seus cadáveres foron atopados no fondo dun barranco, simbolizando a partires de entón a loita e a resistencia das feministas latinoamericanas.
Foi declarado así no I Congreso Feminista de Latinoamérica e do Caribe en Bogotá (Colombia) en xullo de 1981.
En 1999, a ONU deu carácter oficial a esta data.





LIBROS PARA TRABALLAR A IGUALDADE  (preme na imaxe)


              





                        




PARA REFLEXIONAR


Canción infantil: Igualdade de xénero (Andaluna y Samir)







                                     





viernes, 17 de noviembre de 2017

IMOS AO TEATRO

Os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria, foron ao teatro a ver a obra Rubicundo, organizada polo Concello de Vigo.



Rubicundo cóntanos unha gran historia sobre o valor da amizade, o importante que é ser constante e a importancia da poesía; o que nos vai abrir a posibilidade de perseguir os soños que temos cada un.











jueves, 16 de noviembre de 2017

20 Novembro : Día dos Dereitos dos Nenos



En 1989, a "Asamblea Xeral das Nacións Unidas"
 aprobou a Convención sobre os Dereitos do Neno. 











      



                     

                     

                     
CANCIÓNS

                     












martes, 14 de noviembre de 2017

Demos a coñecer o Blog da Biblioteca

Na cortiza da entrada do cole, puxemos a dirección do blog para que nais, pais e alumnado poidan entrar a velo.




TEMPO DE CASTAÑAS

Empezamos o mes de novembro cunha exposición sobre o Magosto.





O día 14 fixemos a nosa festa do magosto no cole, e moitas das caixas para as castañas, foron decoradas con motivos relacionados coas Marabillas do mundo.









MANIFESTO

Toda semente leva no seu interior a árbore que chegará a ser.
Somos xente nova, por tanto somos semente, e queremos ser capaces de chegar a desenvolver todo o noso potencial, chegar a ser árbores de fortes raíces asentadas na terra.
Pero, que terra queremos? Queremos unha terra rica, porque...
"A terra é a nosa nai. Todo o que a ela lle ocorra,ocorreralle aos fillos da terra... Todo o que faga dano á terra, fará dano ao home..."
Estas palabras, que dixo hai xa moitos anos o xefe indio Seattle están moi vivas hoxe.
Cando miramos con medo como a vaga de lume queimaba os nosos montes, matando moitas árbores e moitos animais e condenándonos a un futuro negro, desolado, peor, máis pobre... preguntámonos que poderíamos facer nós, o alumnado d´O Pombal para remediar o dano feito...
...e voltamos as sementes, neste caso as landras. Ímolas deixar xerminar, ímolas coidar, axudar a que se vaian desenvolvendo cómo árbores e cando as súas raíces estean fortes, ímolas coidar, axudar a que se vaian desenvolvendo como árbores e cando as súas raíces estean fortes, ímolas entregar a Nai Natureza, a un bosque orfo de árbores, para que coa súa enerxía axude a desenvolverlle o seu esplendor. Prometemos coidar da nosa árbore e da súa contorna así como da vida e beleza que a deben rodear.
Coa plantación de hoxe, queremos selar e simbolizar este compromiso asumido polas nenas e nenos d´O Pombal.
E agora, todos xuntos digamos ben alto:
 "VIVA A NATUREZA", "LUME: NUNCA MÁIS".


Xefe indio Seattle










sábado, 11 de noviembre de 2017

Exposición LEGO





En Mondariz Balneario, fixeron unha exposición onde poidemos ver unha das marabillas do mundo que están a traballar os nenos e nenas de 2º de Primaria e construída con pezas de Lego:
 O Taj Mahal.

















Aquí  tedes unha moi pequena mostra dos últimos libros que mercamos.




                                  



viernes, 10 de noviembre de 2017

PERGAMIÑO VINDEL


Museo do Mar (Vigo)



O 2 de novembro, o alumnado de 6º de Primaria, fomos ao Museo do Mar para visitar a exposición "O Pergamiño Vindel".
Poidemos ver este Pergamiño do século XIII e explicáronnos moitas cousas sobre a Idade Media.
Foi unha saída interesante e animamos a todo o mundo a visitar esta exposición e a ler e recitar as Cantigas de Martín Códax.














A MÚSICA NA IDADE MEDIA


Na  Idade Media hai dous tipos de música : a relixiosa e a profana.
Na música profana a música sempre é cantada e esta acompañada dalgún instrumento. Aquí tendes algúns instrumentos medievais que podedes contemplar nesta exposición do Pergamiño Vindel.
Ao fondo o Organanistrum , nun primeiro plano de esquerda a dereita temos a Fídula e o Rabel.





Organistrum (primeiro plano)




Arpa









Se queres saber máis sobre a Cantiga "Ondas do Mar de Vigo", preme no seguinte enlace: