jueves, 18 de abril de 2024

BBIBLIOTECA NEIRA VILAS: 3º A

Continúan as visitas á biblioteca Neira Vilas. Desta vez tocoulle á rapazada de 3º A.

A temática foi a vestimenta en todas as súas facetas. Ademais de aprender moitas cousas sobre o tema, crearon algúns complementos con las de cores:  pulseiras, colares e cinturóns. Que entretido!!!

As imaxes falan por si soas....mirade.











Vémonos pronto!!!



martes, 16 de abril de 2024

O NOSO COLE NA PRENSA

Lembrades o noso quiosco pombaleiro de prensa co Faro de Vigo a 1 €?. Foi todo un éxito de ventas. 

Pois xa pasou máis de un mes, pero hoxe saímos en Faro Educa. 

Mirade!!




lunes, 15 de abril de 2024

DESAFÍOS Nº 4

 Xa estamos outra vez con 2 novos desafíos, os número 4.

Pero,antes de nada, as respostas correctas aos desafíos número 3.
 
Estas son as solucións:



E agora os novos desafíos para esta quincena:


Introduce as túas respostas no buzón da biblio ata o venres 26 de abril.

Seguinte desafío: 
Luns, 29 de abril.











domingo, 14 de abril de 2024

RECREOS BIBLIOTECARIOS 5

 Parece que por fin chegou a calor, pero seguimos coas nosas actividades dos recreos máis creativos e entretidos. Na biblio estase máis fresquiño, non si?

A rapazada de sexto estivo a experimentar coa robótica, elaborando os seus propios paneis sobre diversas temáticas elixidas libremente. Na primeira xornada consensuaron as temáticas, buscaron info en internet, debuxaron e, para rematar, elaboraron os diferentes taboleiros. Os temas decididos foron o corpo humán, bandeiras do mundo e escudos de equipos de fútbol.

Na segunda xornada puxeron a andar sobre os paneis os robots escornabots que temos na biblioteca.

A xulgar polas súas caras, non o pasaron nada mal.




















Deseñarán e fabricarán un avión ou unha nave espacial para a semana que ven....quen sabe!!!





jueves, 11 de abril de 2024

ANIMACIÓN A CARGO DE CONCHA BLANCO: 4º DE E.P.

Esta semana os nenos e nenas de 4º de primaria tiveron a gran sorte de contar coa visita de Concha Blanco, pedagoga, profesora e prolífica escritora, gañadora dunha morea de premios literarios: Barco de vapor, Merlín, O facho, Lecturas de Gálix...e moitos máis.

                          https://es.wikipedia.org/wiki/Concha_Blanco


A escritora e poeta faloulles sobre un dos seus últimos libros: 
"Eu tamén fun pequena".


O libro narra a historia da avoa Concha, que todas as noites antes de durmir conta ás súas pequenas netas lembranzas e cousas sobre a vida na súa aldea cando era pequena.
Ao rematar, ademais de asinar os libros da rapazada, colocou a súa estrela no noso particular "paseo da fama" xunto á estrela da súa filla, a tamén escritora María Canosa....cousas de familia!!








Eiquí tedes un vídeo dun momento da súa animación




VISITA Á BIBLIOTECA NEIRA VILAS: 5 ANOS E 3 ANOS A

Seguimos coas visitas á biblioteca do noso barrio, a Neira Vilas. Desta vez tocoulles aos peques do cole, 3 anos A e 5 anos de infantil. Ademais de disfrutar dun paseíño polo barrio aprenderon algunhas cousas interesantes sobre a moda.

Velaquí algunhas imaxes dos contacontos e obradoiros realizados.

                              5 ANOS











                     3 ANOS A




Vémonos nas seguintes visitas, que aínda quedan algunhas...


viernes, 5 de abril de 2024

CONTACONTOS: DAVID RODRÍGUEZ

Esta semana, visitounos o deseñador gráfico e escritor vigués David Rodríguez, que pasou un anaquiño do seu tempo cos peques de Infantil e de 3º de primaria. 


Aos pequechos e pequechas de Educación Infantil contoulles unha historia moi interesante sobre unha superavoa,  homenaxeando a todas as avoas. A avoa Rita garda un segredo: é unha superheroína!!!. Se non fose por ela e os seus superpoderes, o mundo viríase abaixo.
Como colofón, ao rematar o conto sorprendeunos sacando a súa guitarra e cantounos unha bonita canción sobre a superavoa.






A rapazada de terceiro na súa sesión de contacontos.



Os nosos agradecementos a David.


.